xoves, 30 de xuño de 2016

Excursión a Santiago de Compostela

O día 22 de xuño o equipo da biblioteca acompañou aos membros do club de lectura e aos colaboradores da biblioteca a Santiago de Compostela. Nesta excursión os alumnos, ademais de visitar a catedral e pasear polas rúas de Santiago, visitaron a Biblioteca América onde puideron admirar obras literarias certamente curiosas así como o Libro das Horas de Fernando I de León, considerado o libro máis antigo de Compostela.




sábado, 25 de xuño de 2016

Grazas, Jorge

O equipo da Biblioteca quere agradecer a xenerosidade do alumno Jorge Rial Fondo de 2º ESO ao doar este libro á biblioteca do centro.
Grazas, Jorge, por este libro e pola túa participación nas actividades da biblioteca. 







sábado, 18 de xuño de 2016

EMPRÉSTITO DE VERÁN

Xa está a vosa disposición o empréstito de material da biblioteca (libros, música e películas) para o verán.
Lembramos tamén que debedes devolver o material que collestes ao longo do curso e que aínda non entregastes.
Felices vacacións.

Excursión a Santiago de Compostela

     O vindeiro mércores 22 de febreiro todas as alumnas e alumnos que colaboran como voluntarios na biblioteca, así como os participantes no club de lectura, estades convidados a unha viaxe a Santiago de Compostela.
Moitas grazas polo voso traballo.


sábado, 4 de xuño de 2016

Obradoiro de bolachas

Coincidindo coa celebración da semana cultural no centro a coordinadora da biblioteca participou nun obradoiro de repostería cos alumnos de 1º da ESO.


sábado, 7 de maio de 2016

O libro do mes

O libro e a frase do mes de maio van dedicados a Manuel María, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.



"O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo."

luns, 25 de abril de 2016

O Equipo da Biblioteca quere agradecer publicamente a Soraya Varela que nos estivo acompañando nos últimos meses pola doazón destes libros.
Miles de grazas, Soraya.